Asesoramento
Axudas e subvencións
No caderno práctico do autónomo denominado "Liñas de axudas e subvencións" (2-FEB-2010) encontrará información referente ás distintas convocatorias públicas de apoio económico e financeiro para autónomos, presentada dunha forma clara e comprensible.
Este caderno actualizarase periodicamente, pero dado que as convocatorias de axudas e subvencións son permanentes durante todo o ano, poderían atoparse liñas que están fora de prazo actualmente, ou que no se recollan e expliquen as convocatorias máis recentes.
Poderá contrastar a información do caderno coa base de datos de axudas do Igape: http://app.igape.es/.axudas/ que se actualiza de forma continua.
Esta base permite a busca tanto de axudas en vigor como daquelas pendentes de convocar ou mesmo fora de prazo, facilitando a descarga directa e completa do texto da mesma.








